BUSTOS, LUÍS
Logo do enorme éxito de "Fariña", de Nacho Carretero, chega agora a novela gráfica, da man do coñecido ilustrador e grafista Luis Bustos. Unha obra áxil, fermosa e directa que nos mergulla na Galicia do contrabando nas rías, das planadoras, dos clans, dos capos, da impunidade e do narcotráfico. Desde a revolución da linguaxe da novela gráfica, o "Fariña" de Nacho Carretero entra xa nun dos xéneros máis contemporáneos reinterpretado por un autor de prestixio.